Consellería de Cultura e Deporte. Delegación Provincial

Bibliotecas Públicas

Buscar este blog

lunes, 5 de noviembre de 2007

Carlos Ruiz Zafón, La sombra del viento


O autor e a obra. A sua páxina web
Entrevista co autor
Argumento
Publicidad de La sombra del viento
Reseña de Cuánto y por qué tanto
Crítica do blog de Alberto Noguera
Crítica de Dejaboo
Foro sobre La sombra del viento
Reseña de la Fnac
 Expresiones y vocabulario de La sombra del viento
Que é un best-seller?
"Best-seller bajo el sol" do blog Página en blanco
"Mecanismos y construcción de un bestseller: El Código Da Vinci, La sombra del viento"
"La novela por entregas: best-sellers del siglo XIX"
Que é un tópico literario?
Vicente Verdú. Reglas para la supervivencia de la novela
Para unha análise desde o punto de vista da narrativa postmodernista, pode verse Ana Padilla Mangas, "La intriga como clave de la construcción en la narrativa actual: La sombra del viento (2001), de Carlos Ruiz Zafón", en María José Porro Herrera y Blas Sánchez Dueñas, eds., En el umbral del siglo XXI. Un lustro de literatura hispánica (2000-2005), Córdoba: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Córdoba, pp. 85-107.

Opinións do Club
Polémica é a palabra que pode resumir a lectura da obra de Carlos Ruiz Zafón, La sombra del viento. No Club de Lectura, a opinión estivo dividida en todo momento. Para uns é unha obra completa, entretida e con temas para a reflexión, como as relacións paterno-filiais, representadas polo protagonista Daniel e o seu pai, o medo dunha sociedade oprimida de postguerra e, sobre todo, o tema da lectura, á que Ruiz Zafón fai referencia en máis de 50 ocasións, polo que é considerada por estes lectores como un aunténtico homenaxe ao libro. Para os entusiastas de La sombra del viento, os personaxes están ben perfilados; a intriga, a modo de puzzle, está ben construída, e a estrutura narrativa, co seu esquema de narración dentro doutra narración, logra en todo momento o interese do lector.
Con todo, para outros lectores, Ruiz Zafón fai da intriga o alicerce fundamental da obra, de modo que os personaxes, a acción, as descricións, todo está en función de dilatar máis ou menos ese misterio que, ao principio céntrase nun libro determinado -La sombra del viento-, para, despois, desviarse cara á figura do seu autor, Carax. Esta continua dilatación da intriga chega a cansar ao lector, que acaba perdendo interese por esa procura na que se empeña o seu protagonista Daniel. Doutra banda, estes lectores consideran tamén que Ruiz Zafón fala pouco dos sentimentos e se o fai é dun xeito bastante estereotipado, de modo que parecen máis encamiñados a atrapar ao lector que a explicar o mundo interior dos personaxes. Para rematar, existe unha cuestión importante que molesta a algúns lectores: trátase das máis que abundantes incorrecións sintácticas, incomprensibles, por outra banda, que paralizan bastante a lectura do libro.

1 comentario:

KlinikBahasa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.