Consellería de Cultura e Deporte. Delegación Provincial

Bibliotecas Públicas

Buscar este blog

viernes, 2 de mayo de 2008

Churrascada na casa rural "Xandapena" en Güimil


Día: 17 de mayo

Divertidísimo día en casa de Marilén e Víctor. Non faltou, nin sobrou nada: picada de roda de Carmela, -que logrou chegar ao mesmo tempo que as demais, grazas ao seu fantástico mapa-, voltas e revoltas da maioría ata chegar a Xandapena, anfitrións encantadores, a estupenda churrascada de Víctor, o ríquisimo viño que ambos fan con uvas "Pedro Muñoz", o "coro" dirixido por Gelines, a típica discusión de sobremesa, entre chupitos de moura, pexego e licor-café, que fai Marilén, en fin, excursión en plan bucólico-pastoril, aínda que con aventura incluída, pois se nos perdeu Branca entre prados e flores, e, como non, pequena sesta no xardín de entrada á casa. Pola tarde, a merenda, coas boísimas larpeiras e un riquísimo queixo galego, que invitaron a menos chupitos e a máis auga (algunhas tiñamos que conducir), e, finalmente, volta a casa, de noite, con esquecementos de bolsos e demais, pero con moitas risas.
Por suposto, alguén -Loli e Amparo- levaba boa intención, a de ler uns poemas de Xosé María Álvarez Blázquez, pero o día asollado, a charla animosa e festiva aconsellaron deixar a lectura para o último día de Club.
Grazas, Marilén e Víctor, por invitarnos e compartir a inauguración da vosa casa rural "Xandapena", que moi pronto estará aberta ao público.

Ver fotos

No hay comentarios: