Consellería de Cultura e Deporte. Delegación Provincial

Bibliotecas Públicas

Buscar este blog

domingo, 4 de octubre de 2009

Comezo do novo curso

¡Ola a todos!. Aquí estamos de novo, logo deste magnífico agasallo de setembro, que nos deixou secar un pouquiño todas as humidades deste verán. Comezamos o día 14 de outubro, xa que o día 7 é a festa do Rosario na Coruña. Empezaremos cun ensaio, que se titula Breve historia del mundo, de Gombrich. Creo que vos gustará, é sinxelo, ameno, escrito por un señor que sabía moitísimo, e que quería transmitir o seu amor pola Historia. Espero que vos guste. Como facemos sempre, colgamos toda a información posible, para que vaiades moi postos ao Club e podamos comentar, debater, aprender, e, sobre todo divertinos falando de libros.

Este é o programa de lecturas para o 2009/10, aínda que xa sabedes que sempre surxe algunha historia, que nos fai cambiar un pouco o rumbo, o cal tamén resulta moi divertido, porque ¿a quén non lle gustan as sorpresas?

  • Ernst Gombrich, Breve historia del mundo
  • Mario Vargas Llosa, Pantaleón y las visitadoras
  • John Steinbeck, Las uvas de la ira. Charla sobre la Crisis del 29, a cargo de Uxío Bobillo
  • Rosalía de Castro, Follas novas. Charla de Francisco Pillado
  • José Saramago, Memorial del convento
  • María Raimóndez, El Club de la Calceta


1 comentario:

marineda dijo...

Dentro de un rato nos vemos. Bena programación para este año. Espero que estéis todas, porque todos os aseguro que estaremos.